GASTRONOMÍA
Festexando a matanza do porco prepárase a vincha, doce típico no Entroido. Feito coa vexiga do animal recheo dunha masa a base de azucre, canela, leite, limón, manteiga, noces, ovos e pan.
Xabaril asado, xabaril con castañas, xabaril con mazá e unha sen fin de preparacións admite a carne, procedente das montañas do municipio.
A vincha e o xabaril son os pratos estacionais estrela da gastronomía cerdedense. A galiña ó sal, apenas coñecida no resto de Galicia, cocíñase durante todo o ano.
Na noite do 23 ó 24 de Xuño, coincidindo co solsticio de verán, o Concello de Cerdedo organiza a tradicional cacharela na Honra de San Xoán, patrón do municipio. Tódolos veciños son convidados a unha sardiñada e churrasco previo ó acendido.
CAFETERÍA/BAR/RESTAURANTE: