Bolsa Emprego Municipal

A principal labor da Bolsa de Emprego Municipal é a creación dunha base de datos de persoas que demandan emprego. Nela pode inscribirse calquera persoa empadroada en Cerdedo, en idade laboral e que esté buscando emprego, por estar desempregada ou porque sendo traballador en activo queira mellorar a súa condición laboral.


Tratase dun servizo de balde e o Concello de Cerdedo dende este servizo actúade mediador entre a oferta e a demanda de emprego, non sendo responsable das relacións contractuais resultantes destas.

A través da Bolsa de Emprego organizaranse obradoiros de orientación laboral para axudar ó demandante de emprego a preparar o seu currículum ou a afrontar unha entrevista de traballo. Ademais, o empresario pode recibir asesoría respecto a subvencións, bonificacións por creación de postos de traballo ou por contratacións de traballadores de determinados colectivos ou outras informacións que precise.

DEMANDANTES DE EMPREGO

Requisitos para poder inscribirse na Bolsa de Emprego:

- Persoas maiores de 18 anos.

- Estar empadroados no Concello de Cerdedo.

As persoas interesadas en estar incluídas na Bolsa de Emprego deberán encher unha solicitude de inscrición, e entregala nas oficinas municipais, xunto cunha fotocopia do D.N.I.e a vida laboral.Ademáis poden adxuntarocurriculumvitae da oficina de emprego de Pontevedra si o queren.

O período de validez dos datos é dun ano, ó termo dos cales se dará de baixa o usuario na Base de Datos. O usuario interesado en manter a continuidade da súa ficha dentro do servizo deberá indicalo na Axencia de Emprego. De igual xeito, deben notificarse a Axencia calquera variación nos datos recollidos na ficha do usuario.

OFERTANTES DE EMPREGO

Requisitos para as empresas que queiran solicitar candidatos:

• Cubir o modelo de solicitude de candidatos, indicando o perfil solicitado, e remitila por e-mail, fax ou persoalmente na Bolsa de Emprego Municipal.

• A empresa deberá notificar o resultado do proceso de selección.

¿COMO FUNCIONA A BOLSA DE EMPREGO?

Crease unha base de datos coas persoas demandantes de emprego e outra coas empresas que oferten postos de traballo.

As persoas interesadas en estar incluídas na Bolsa de Emprego cubren a solicitude de inscrición e posteriormente se lles realiza unha entrevista ocupacional fixada pola Axencia de Emprego Municipal co fin de identificar o seu perfil profesional.

O servizo a empresas comeza cando se poñen en contacto coa Bolsa de Emprego Municipal para comunicarlle a oferta de emprego.

Unha vez recibida a oferta se realiza a búsqueda de candidatos aptos para o posto de entre os solicitantes da bolsa, dende a Axencia de Emprego nos poñemos en contacto cos preseleccionados para informarlles da oferta e das súascondicións. Se están interesados, dende a Axencia se remiten os Currículums á empresa solicitante, quén se encargará a partir de entonces de seleccionar ó seu futuro traballador.