Sendeirismo

senderopontesdolerezO roteiro de sendeirismo "Pontes do Lérez"constitúe unha ruta de 28 km pola ribeira do rio Lérez ao seu paso polos concellos de Cerdedo e Forcarei. Os elementos de patrimonio máis significativos son as pontes que eran paso obrigado nos camiños medievais que unían os mosteiros e as importantes vilas de Santiago de Compostela e Ourense; a riqueza etnográfica e arquitectónica constituída por eiras de hórreos, muíños, lavadoiros, ermidas, antigas minas, capelas, torres, cruceiros... todos eles proba das raíces históricas e sinal do protagonismo da pedra e do traballo dos canteiros.

Ao longo da ruta podemos atopar tres das agrupacións máis importantes de hórreos de Galicia (unha clase de celeiros que servían para o secado do millo e almacenaxe): "Eira Grande" en Pedre, Filgueira e a "Eira da Pena" de Cerdedo.

Nas proximidades do roteiro descubrimos as capelas de San Bartolomé, de Pego e de San Antón, todo no marco natural das terras do interior pontevedrés, onde o contraste topográfico enriquece a paisaxe.
Penetrándonos na ruta descubrimos numerosos muíños, aproveitando fórza da auga, obtíñase fariña de cereais como o trigo, o centeo e, principalmente, o millo. Podemos econtrar ademais muíños de batán que servían para compactar a la de mantas e prendas de vestir.

O roteiro constitúe un percorrido pola ribeira dos tramos medio e alto do rio Lérez. Este río ten o seu nacente a 900 m de altitude na Serra do Candán, onde as precipitacións poden acadar os 2.300 mm, concentradas no inverno e no outono. Estas achegas fan do Lérez un río poderoso, con augas limpas e moi osixenadas, ricas en invertebrados acuáticos e insectos que son depredados por troitas (Salmo trutta fario), merlos (Cinclus cinclus) ou o martin pescador (Alcedo athis). Sempre preto da auga é posible observar tres especies endémicas do noroeste da Península ibérica, como son a píntega rabilarga (Chioglossa lusitanica), a ra patilarga (Ra iberica) e o lagarto da auga (Lacerta schreiberi).


O río Lérez conta na práctica totalidade do seu percorrido coa protección dun bosque de ribeira de amieiros (Alnus glutinosa) e salgueiros (Salix atrocinerea), acompañados do fento real (Osmunda regalis). Nalgúns enclaves de relevo accidentado persisten pequenos bosques onde a árbore predominante é o carballo común (Quercus robur). Esas fragas caracterízanse pola presenza de perennifolios como loureiros ((Laurus nobilis), hedras e acivros (Ilex aquifolium).

Nas proximidades da rota atópase o Mosterio de Santa María de Acibeiro, obra románica do século XII, coa sua antiga feira, o Castro de Loureiro, a Torre Alarma de Castrelo do século XV, o conxunto arquitectónico de Pedre, as capelas de San Bartolomé, do Pego e San Antón, todo no marco natural das terras do interior pontevedrés, onde a contraste topográfica enriquece a paisaxe.

sendeiro peque

1- Ponte románica de Pedre

2- Ponte Nova de Pedre

3- Ponte de Vichocuntín

4- Ponte Nova de Cerdedo

5- Ponte de San Antón

6- Ponte Valoutas

7- Ponte Pego

8- Ponte Parada

9- Ponte Gomail

10- Ponte Nova de Forcarei

11-Ponte Vella de Forcarei

12- Ponte Maril

13- Ponte Valiñas

14- Ponte do Crego

15- Ponte Carballa

16- Ponte Nova de Andón

17- Ponte Vella de Andón

18- Ponte das Codeseiras

19- Ponte Vella do Forno

20-Ponte Vella do Rabadelo

 

situaciónpontesdolerez

DESCARGAR MAPA

 

Ponte de Pedre

A historia relaciónaa coas antigas vías romanas, camiños de peregrinaxe cara Santiago e á invasión das tropas Napoleónicas.Sitúase na confluencia do Lérez co seu afluente o Quireza e sábese que foi reconstruída no século XIII.

pontepedre

 

Ponte do Pego

Na estrada de Folgoso a Forcarei e A Estrada, é unha obra de enxeniería recente. Detrás da capela próxima había nembargantes unha antiga ponte de madeira que cruzaba o denominado Pozo Negro onde segundo a lenda existían "tesouros" importantes.

p1050803

 

Ponte Vella do Rabadelo

Constitúe, nas proximidades do Mosterio de Acibeiro, o inicio e a fin do roteiro de sendeirismo.

 

Ponte das Codeseiras

Construída durante a 2ª República para a comunicación das terras de Montes e Deza.

 

Ponte de San Antón

Sobre o río Castro, afluente do Lérez, a sua importancia histórica vencéllase a antigos camiños que se dirixían cara os lugares de Parada, Castrelo e Tabeirós ata chegar a Santiago.

sananton

 

Ponte Vella de Andón

S. Gonzalo das Penas foi o promotor desta obra (s. XV). A ponte permitía a comunicación co val do Umia e con Santiago. Os franceses alcanzaron o Mosterio de Acibeiro durante a Guerra da Independencia.

pontevelladeandon

 

Ponte Gomail

Do século XV, atópase nun entorno de importancia ecolóxica e paisaxística. Presenta dous vans e era utilizada polos peregrinos e comerciantes cara as feiras máis importantes.

gomail

 

Ponte da Carballa

Obra comunitaria realizada para servicio dos veciños dámbalas marxes do río. O muíño cercano a ela ten a súa orixe no século XVII.

carballa

 

Ponte de Parada

De orixe romana, foi reconstruida no século XIII, sendo calzada y camiño por onde se transportaba o viño dende o Ribeiro a Santiago.

parada

 

Ponte do Crego

É unha obra do século XVIII e vencéllase a distintas lendas relacionadas co Castro de Loureiro e ás aparicións.

pontedocrego

 

Ponte Maril

Situada na carballeira chamada do "Foxo Vello", foi obra do canteiro Maril, veciño do lugar de Espindo, hai xa século e medio, e hoxe serve de acceso ó campamento xuvenil.

puentemaril

tablaruta

 

A Ruta FREI MARTÍN SARMIENTO é un sendeiro circular clasificado como de pequeno percorrido, cunha distancia total de 11 Km 846 m, tendo o seu punto inicial e final no casco urbano de Cerdedo, para dirixirse ó Monte Seixo que é a parte máis alta. (Desnivel ascendente 405m / Desnivel descendente 400 m). Dificultade media.

Comenza pois este sendeiro, na rúa da Torrente e baixa por unha antiga calzada mediaval, onde se atopa o Río Castro, que cruzamos a través da Ponte romana de San Antón, para chegar a capela do mesmo nome e o cruceiro, de seguido dirixímonos a aldea de Lourido, nesta subida entre antigos muros de pedra, atopámonos nun frondoso bosque autóctono de carballos e castiñeiros, o que fai desta zona un lugar paradisíaco e cunhas impresionantes vistas panorámicas.

O chegar a Lourido, aldea coas típicas vivendas de pedra do rural galego, horreos, eirado e capela de Sta. Catalina (S. XVIII), comenzamos a baixar cara a aldea da Revolta por un camiño sombrío e moi agradable para o paseo e disfrute da natureza e chegamos o lugar de Cabenca onde temos duas opcións: unha por un camiño entre os campos, e outra polo medio da aldea destacando nesta, dous carballos centenarios e tamén segundo a lenda popular a casa onde foi enxendrada Rosalía de Castro; ó final da aldea atopamos a Capela de San Salvador (S.XVI). Seguimos o camiño cara a aldea de Meilide, neste tramo destaca a ponte que cruza o Río Sillar que xunto coa vexetación de ribeira, fan un fermoso pecorrido. Pero o que realmente destaca e a casa na que habitou Frei Martín Sarmiento, rematando o tramo na Capela da Virxe de Loreto (S XVIII). Seguimos ascendendo ata chegar ó lugar de Carballás, situado preto da cima do monte Seixo, típico lugar do rural galego, que nos da unha idea das difíciles condicións de vida que sufriron os nosos antepasados e as duras condicións climatolóxicas. Nesta aldea destaca o Cruceiro da Capela, a capela da Inmaculada Concepción e unha fonte que favorece un alto no camiño. Chegado a este punto, comenzamos o descenso cara a aldea de Barro e de esta, a Arén, neste tramo é de destacar a vexetación, e os antigos camiños. Xa na aldea de Barro atopámonos con dous lavadoiros con fonte, horreos e en Arén se nos desviamos un pouco pódense visitar tres antigos muiños. Desde aquí seguimos o camiño por un tramo entre os campos e chegamos a Ponte Piñoa para dirixirnos a Area recreativa e deseguido subir o conxunto arquitectónico composto por: igrexa de San Xoan Bautista, cemiterio, cruceiro, praza e casa rectoral, o que pon fin a esta fermosa ruta.

 

WEB RUTA FREI MARTIN SARMIENTO

 

DESCARGAR INFORMACIÓN descarga doc

Sendeiro circular de algo máis de 13km aproximadamente pola ribeira do rio Seixo e as saias do Monte do Seixo no LIC Serra do Cando. A duración do roteiro dura aproximadamente 4 horas.

Comeza o sendeiro na aldea de Cabenca, ata alí podemos chegar en coche con bos accesos. A Capela de San Salvador (s.XVI) é o primeiro punto histórico que podemos visitar. Unha vez abandonamos a aldea de Cabenca collemos un camiño que se adentra en fermosas paraxes nos bosques autóctonos de carballos e castiñeiros que acompañan ao rio Seixo no seu percorrido no que atopamos algunhas pozas de auga nas que gozar dun baño e numeros muíños agora en desuso.

IMG 9371RUTA MUIÑOS DO SEIXO 3

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

riodoseixo

riodoseixo 2
RUTA CAVADOSA 2

 

Alcanzada a aldea de Cavadosa, atopamos unha fermosa fervenza con varios muíños. O máis grande o atopamos neste punto. O muíño conta cunha parte adicada á moenda e outra na que se desenvolvían as actividades de serrería e ferrería.

 

A continuación nos diriximos por un sendeiro que discorre por amplios camiños á beira dos cumios do Monde do Seixo onde gozar de espectaculares panorámicas do Concello cargadas de matices de cores pola vexetación da zona.

Unha vez descendemos dos cumios, chegamos á aldea de Meilide onde atopamos a Capela da Virxe de Loreto (s.XVIII) e a casa de Frei Martin Sarmiento. Finalmente dirixímonos cara Piñoa, pasando ao carón da Hermida de San Salvador e regresamos a Cabenca.

 

fervenza 2

muiño

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

fervenza

 

WEB RUTA CABENCA CAVADOSA

 

DESCARGAR INFORMACIÓNdescarga doc