Departamento de Servizos Sociais

Contacto

Traballadora social: Cristina Regengo Pedreira

Auxiliar administrativo: Mónica Bugallo Prado

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Horario

Atención al público: Casa consistorial de Cerdedo

Lunes a Viernes (excepto Martes): 09:00 a 14:00

Tlf: 986.75.30.06 / 986.75.30.54 Fax: 986753201

 

Traballando no departamento está unha traballadora social e unha auxiliar administrativo que desenvolven distintos programas e facilitan o acceso das persoas aos recursos sociais existentes nas diversas áreas: inclusión social, persoas maiores, dependencia, discapacidade, familia e infancia, mulleres, migracións,…

Debido á problemática de marxinación social, desemprego crónico, familias monoparentais sen ingresos, conflitos e falta de entendemento pais-fillos, conflitos matrimoniais, etc... é necesario un traballo continuado.

O procedemento a seguir leva implícito a intervención coas familias no seu propio domicilio, a elaboración de propostas segundo a problemática (colaborando sempre que sexa posible con outros recursos da zona), orientación e asesoramento en distintos temas, e por último seguimento do desenvolvemento da familia cara á súa autonomía.
 

a. Programa de Orientación, Asesoramento e Información
b. Programa de Axuda no Fogar
c. Programa de Inserción Social
d. Programa de Animación, Prevención e Cooperación Social

a. Inclusión Social
b. Maiores
c. Dependencia
d. Discapacidade
e. Familia e Infancia
f. Mulleres
e. Migracións
f. Poboación en Xeral