PATRIMONIO

Sabedor da necesidade de conservar o patrimonio arquitectónico e arqueolóxico, o Concello de Cerdedo traballa activamente en revalorizar e potenciar os enclaves de interese cultural e histórico. Así coma da protección do patrimonio natural constituído por as Áreas de Interese Ambiental, ó redor dos ríos Lérez, Castro e Quireza e a Serra do Cando. O forte vencello entre o patrimonio natural e cultural potencia a riqueza de Cerdedo.

De valor incalculable e demostración do bo facer dos canteiros que habitaron as terras, son as abundosas capelas, cruceiros, hórreos, calzadas, igrexas, muíños e pontes alzados. Todos eles conforman a identidade cultural e a memoria histórica de Cerdedo.
DESCARGA AQUI FOLLETO INFORMATIVO.

mapa cerdedo

EIRADO

EIRADOS CERDEDOWEB

DESCARGAR FOLLETO INFORMATIVO DE EIRADOS.

 

MUIÑO

Construcións populares nas ribeiras dos ríos Lérez, Castro, Seixo e tributarios. Aproveitando a forza da auga para mover as moas do muíño, obtíñase fariña de cereais coma o centeo, o millo e o trigo. No lugar de Arén preto da Ponte de Arén, no lugar de Barro, no lugar de Cavadosa preto da Ponte do Rego do Porto, no núcleo do lugar de Covas, no lugar de Os Castros preto da Ponte do Cando e no lugar de Parada preto da Ponte Parada.

PONTE

Infraestruturas pétreas consecuencia das características topográficas e da disposición do río principal o Lérez, mailos seus tributarios. Paso obrigado nos camiños medievais que unían os mosteiros e as importantes vilas de Santiago de Compostela, Ribadavia e Ourense; así coma nas rutas de peregrinación xacobea. A Ponte Romana de San Antón no lugar de Cerdedo, a Ponte Parada no lugar de Parada e a Ponte Romana de Pedre no lugar de Pedre; son destacábeis.

 

TRIPTICO TURÍSTICO2