NATUREZA

A paisaxe é un baluarte do concello de Cerdedo. Os espazos de interese medioambiental e paisaxístico debido a súa xeomorfoloxía, a súa fauna, a súa flora, e o seu clima; son catalogados coma “Áreas de Interese Ambiental”. Son tamén, Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais polo Decreto 72/2004.

MAPA LICS

LIC RIO LEREZ MAIS ATRIBUTARIO O CASTRO:

CÓDIGO ES1140002. Lugar de Importancia Comunitaria pola Directiva 92/43/CEE en referencia a “Rede Natura 2000” europea. O medio fluvial é o valor ambiental máis sobresaínte no municipio grazas á conservación de formacións forestais autóctonas, o bosque de ribeira. Os bosques de ribeira compostos por amieiros e freixos, carballos e construcións tradicionais de muíños e pontes, son responsábeis da beleza paisaxística dos cursos fluviais. Os afeccionados á pesca ven nas súas augas unha oportunidade de gozo. Os coutos localizados no río Lérez, dende o Muíño de Penedo ate a desembocadura do Regato de Quireza, e o río Castro, dende os Pasos de Arén ate a unión co Lérez; avituallan de troitas a quen queira achegarse. E un rosario de muíños agarda a presenza de curiosos.

LIC RIO LEREZ GALEGO

LIC SERRA DO CANDO

CÓDIGO ES1140014. Lugar de Importancia Comunitaria pola Directiva 92/43/CEE en referencia a “Rede Natura 2000” europea. Óptimo punto de observación paisaxística e de práctica do deporte grazas a Galicia Parapente situada na ladeira do Monte do Seixo. Cunha extensión de 5.458 hectáreas, a Serra do Cando é cabeceira dos tributarios do río Lérez, Castro e Seixo. O Outeiro do Coto é o cumio máis alto, elevándose a 1.014 m sobre o nivel do mar.

LIC SERRA DO CANDO GALEGO

CARBALLEIRA

Paisaxe forestal clásica galega. Trátase de bosques de folla caduca nos que é posíbel apreciar a dominancia do carballo, sobre o castiñeiro e o bidueiro. Na zona baixa e húmida, un sotobosque de arandeiras e abeleiras enriquece a frondosidade das formacións arbóreas. A Carballeira de Mouteira na freguesía de Parada, a Carballeira de O Garrido e a Carballeira de Pedre na freguesía de Pedre, a Carballeira do Retortoiro entre as freguesías de Quireza e Tomonde, e a Carballeira de O Sancal nas freguesías de Cerdedo e Figueroa; son salientábeis.

 

rutassenderismo