O Concello de Cerdedo pon á súa disposición un servizo de recollida de mobles, electrodomésticos e outros aveños inservibles.

  • SERVIZO GRATUITO para os cidadáns EMPADROADOS no Concello de Cerdedo.
  • Os cidadáns non empadroados no Concello de Cerdedo e que dispoñan dunha vivenda no termo municipal,  dispoñen de 2 opcións:
  1.  Servicio de recollida a domicilio, previo pago do prezo do servizo de recollida a domicilio (3 euros).
  2.  Entrega gratuita no punto limpio previa solicitude ao Concello.

Por razóns de operatividade, a recollida de residuos a domicilio ten un límite de entrega. Consulta aquí os LIMITES DE RECOLLIDA.


       

casti recollidagal

 

 ¿Qué voluminosos se recollen?Casti Voluminosos

Mobles (madeira/ plástico) (Listado)

Colchóns

Sofás e cadeiras de brazos

Voluminosos: Alfombras, persianas, maletas, etc.

Restos metálicos: somieres, tixolas, antenas, bicicletas, tendedero, etc (Listado)

        Residuos perigosos: envases de pinturas, disolventes e vernices. Baterías.

Plásticos de grandes dimensións:

            PLÁSTICOS AGRÍCOLAS: Sacos e plásticos de silo. Plásticos de invernadoiro. (Listado)

            OUTROS PLÁSTICOS: mangueiras, lonas, xoguetes de plástico, caixas de plástico, botellas de plástico de grandes dimensións, embalaxes. (Listado)

                                                                                           Os residuos de obra deberán ser entregados polo propietario no Punto Limpo.

 


       

casti recorda

 

Aparatos electrónicos e eléctricos (RAEEs)

Todos aqueles aparellos que funcionan con pilas, baterías ou electricidade. Os identificarás polo símbolo:

raee

• ELECTRODOMÉSTICOS

Frigoríficos, conxeladores, lavadoras, secadoras, lavalouzas, cociñas, fornos, microondas, aparatos refrixeradores, ventiladores eléctricos, radiadores eléctricos, aparatos de aire acondicionado.

electrodomesticos

 

• PEQUENOS APARELLOS

Pantallas, televisores, marcos dixitais para fotos, monitores, ordenadores portátiles, aparellos de reprodución de son ou imaxe, equipamentos de música, ordenadores, impresoras, aspiradoras, limpamoquetas, máquinas de coser, aparellos de ventilación, fervedoiros eléctricos, reloxos, máquinas de afeitar eléctricas, básculas, aparellos para o coidado do pelo e o corpo, calculadoras, aparellos de radio, videocámaras, instrumentos musicais, xoguetes eléctricos e electrónicos, detectores de fume, reguladores de calefacción, termóstatos, pequenas ferramentas eléctricas e electrónicas, pequenos instrumentos de vixilancia e control, teléfonos móbiles e os seus cargadores e baterías, GPS.

ejemplosraees

 

• LÁMPADAS E FLUORESCENTES DE BAIXO CONSUMO

O Concello pon á súa disposición colectores de recollida de lámpadas e fluorescentes de baixo consumo.

CONTENEDORLAMPARAS

 

¿Onde os podes atopar?

Concello

Supermercado Fortes

Puntos de venda

 lamparasreciclar1