Cultura

CENTROCULTURALjpg

Rúa das Longas, 12. 36130 - CERDEDO - Tlf: 986 75 31 25

 

  • CENTRO CULTURAL DE CERDEDO

Un auditorio con espazo para acoller a máis de 200 persoas de público, unha bibliotecacon telecentro equipado de dezaseis postos informáticos, unha sala de exposicións e un centro multisocial son os equipamentos municipais de carácter cultural situado no núcleo urbano de Cerdedo. Son numerosas as actividades, actuacións, cursos e exposicións desenrolados nas instalacións dende a súa inauguración en Agosto do ano 2010.

Características técnicas do auditorio (pdf.)

ORGANIZACIÓN E PROGRAMACIÓN DE EVENTOS CULTURAIS E FESTAS REALIZADAS POLO CONCELLO DE CERDEDO

  •  Programación e coordinación dunha variada axenda cultural.

Representacións teatrais

Proxección de películas

Concertos, festivais de música

Humor

  • Programación de actividades de Entroido.

  • Organización da Festa de San Xoán.

  • Programación e coordinación da Semana Cultural coincidindo coa celebración das festas patronais en honor ao Divino Ecce Homo.

  • Programación actividades de Nadal (obradoiros de manualidades, Cabalgata de Reis,etc)

  • Organización de charlas informativas e de interese local.

  • Organización de excursións.

  • Información e xestión de subvencións ás asociacións culturais municipais que así o precisen. 

Se queres formar parte da nosa programación envíanos a túa proposta cultural ó seguinte enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

  • BIBLIOTECA MUNICIPAL

Na biblioteca municipal poderás gozar dunha gran colección de libros infantís, xuvenís e para adultos. Servizos de préstamo de libros, conexión a internet e unha sala informática equipada con ordenadores. 

BIBLIOTECA1

BIBLIOTECA2

 

SERVIZOS

  • Información e consulta do fondo bibliográfico.

  • Sala de lectura.

  • Préstamo domiciliario de ata 3 obras para lectura na casa cun prazo máximo de devolución de 15 días.

  • Equipos multimedia con acceso a internet  de forma gratuita.

  • Conexión wifi.

  • Espazo deseñado para os máis pequenos, un espazo lúdico de aprendizaxe e lectura para os nenos/as de menor idade.

 

CARNÉ DE SOCIO

Para o servizo de préstamo e devolución de material  é necesario dispor do Carné de Socio. A súa adquisición é gratuita e só é necesario a presentación do DNI. Non hai límite de idade.

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PUBLICO

HORARIO DE INVERNO: Luns, mércores e venres de 15:30 h a 20:00 h

HORARIO DE VERÁN: Luns, mércores e venres de 9:00 h a 14:00 h.

Síguenos a través da rede social Facebook para estar ó día na nosa programación, Biblioteca Cerdedo.