Plan Local Emprego

A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Cerdedo tras o encargo do Equipo de Goberno que encabeza José Balseiros redactou un PLAN DE EMPREGO LOCAL coa idea de que a pesar das especiais dificultades dos últimos anos, os veciños desempregados de Cerdedo poidan beneficiarse de distintos programas das administracións supramunicipais, con empresas privadas e con convenios de colaboración firmados polo propio Concello con diferentes organismos.

Deste xeito, o Concello pretende dar resposta non só á crise empresarial, que frena o desenrolo económico do municipio, senón tamén a súa visión máis social, o desamparo de aquelas familias nas que algún, ou, en casos, todos os seus membros, quedaron en paro.

As políticas de promoción económica que se están desenvolvendo no nosoconcello, evolucionaron conceptualmente en función dos novos requerimentos da economía e da xa dilatada experiencia. Básicamente, podemos facer referencia ás tres vías nas que se traballa para a inserción laboral:

a) As iniciativas da administración local:programas do propio Concello de Cerdedo a través de convenios de colaboración con institucións, empresas, universidades, etc…

b) As Políticas Activas de Emprego das administracións públicas supramunicipais, como poden ser por exemplo Xunta e Diputación a través dos programas de cooperación, obradoiros, cursos AFD, etc.

c) As iniciativas privadas de promoción empresarial e de desenrolo económico.