Padrón

 

O padrón é o rexistro que acredita a residencia e enderezo dos veciños do municipio para todos os fins administrativos.

  • Alta ou modificación no  Padrón Municipal

    ALTA PADRÓN MUNICIPAL

     

    A quén vai dirixido

     

    Todos os que viven en España teñen a obriga de inscribirse no rexistro do municipio.

    Este trámite vai dirixido ás persoas que viven en España procedentes doutro municipio ou país e persoas que non estivesen empadroadas con anterioridade.

     

    ¿Cómo darse de alta no padrón municipal?

    Presencialmente

    1. Cumprimentar a Folla de inscrición / Modificación do Padrón de Habitantes.  pdf

    2. Entregar no Concello coa documentación esixida.

    • INSTRUCCIONS PARA CUMPRIMENTAR A FOLLA DE INSCRICIÓN:

    - Escribir con bolígrafo e en letra maiúscula. Indicar claramente os datos correspondentes a cada unha das persoas que se inscribiren na folla.

    - Se se trata da inscrición dunha persoa que non estivera empadroada anteriormente en ningún municipio ten que indicar no recadro do municipio de orixe: NINGÚN. Así mesmo cumprimentarase este recadro para nenos acabados de nacer.

    - Si solicita a inscrición por traslado de residencia, indique no recadro correspondente o municipio e a provincia de orixe. Si procede do estranxeiro indique o país, o si fora o caso, o Consulado español onde estaba inscrito.

    - O formulario cuberto será asinado por todos os adultos que se inscribiren (para os máis pequenos asinar a nai / pai ou responsable legal). Si se incorporan novas persoas a un grupo familiar xa empadroado, ademais terá que asinar a autorización da novas inscricións, algunha persoa maior de idade que xa figuraba inscrita na folla.

    - Encha o recadro "Número total de persoas inscritas nesta folla", para garantir a inalterabilidade dos espazos que puidesen quedar en branco.

    - Se ten algunha dúbida seralle resolta no momento de presentar a folla no seu Concello.

     

    • DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA
    • Baixa Consular

    Traer o documento ORIXINAL.

    Para españois procedentes do estranxeiro).

    • Documento que acredite a identidade das persoas inscritas

    Traer o documento ORIXINAL e, se é o caso, da persoa que autoriza novas inscricións nunha folla xa existente:

    - Cidadáns membros da Unión Europea e asimilados, OBRIGATORIO o número de inscrición no Rexistro Central de Estranxeiros.

    - D.N.I. (imprescindible maiores de 16 anos)

    - Pasaporte

    - Cartón de estranxeiro

    - Libro de familia para os menores de 16 anos.

    - Para os menores de 16 anos procedentes do estranxeiro que no seu pasaporte non figure os nomes dos pais, terán que achegar unha partida de nacemento ou libro de familia do seu país.

    • Documento que acredite a ocupación da vivenda

    Traer o documento ORIXINAL.

    Escritura da propiedade, contrato de arrendamento, contrato ou recibo actual expedido pola Compañía subministradora de teléfono, auga, gas, electricidade, etc. Este documento non é preciso no caso de incorporación de novos habitantes a un grupo familiar xa empadroado.

    Observacións

    • O veciño ten dereito a coñecer a información que consta no Padrón sobre a súa persoa e a esixir a súa rectificación cando sexa errónea ou incorrecta.

    • A presentación da folla de inscrición / modificación cumprimentada no Concello implica a súa conformidade para actualizar o Censo Electoral en consonancia cos datos reflectidos nela.

     

  • Solicitud do certificado de empadronamiento