Promoción económica e emprego
Contacto
Responsable: Carlos Otero Rodríguez
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
AXENCIA DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL
A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Cerdedo é un servizo municipal que se atopa situado na primeira planta da Casa Consistorial de Cerdedo.
O servizo desta Axencia está prestado polo axente de emprego Carlos Otero Rodríguez. A misión principal é colaborar na implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación da actividade empresarial.
O Aedl é unha iniciativa pública municipal en colaboración coa Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo creada co obxetivo de facilitar o desenvolvemento do contorno socioeconómico e a creación de emprego. O ámbito de actuación é municipal, dependendo orgánica e funcionalmente do propio concello, carece de personalidade xurídica propia e está configurado como un servizo municipal.
Dos seus servizos benefícianse os emprendedores, empresarios, comerciantes, traballadores, desempregados e en xeral, aqueles que pretendan por en marcha unha iniciativa empresarial, os que desexen tramitar subvencións, etc.
As súas funcións son:
• Prospección de recursos ociosos ou infrautilizados, de proxectos empresariais de promoción económica local, e iniciativas innovadoras para a xeración de emprego no ámbito local, identificando novas actividades económicas e posibles emprendedores.
• Difusión e estímulo de potenciais oportunidades de creación de actividade entre os desempregados, promotores e emprendedores, así como institucións colaboradoras, levando a cabo accións de sensibilización cara á promoción dunha maior conciencia empresarial como oportunidade de emprego.
• Asesoramento técnico no inicio de proxectos empresariais para lograr a súa consolidación, en empresas xeradoras de novos empregos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financieira e, en xeral, sobre os plans de lanzamento das empresas.
• Buscar actividades empresariais e de desenvolvemento local que aumenten os recursos e a riqueza do municipio.
• Elaborar un plan de emprego local que axude aos desempregados do Concello de Cerdedo a insertarse no mercado laboral.