Prevención incendios forestais

Casti

 

Por cumprimento da Lei 3/2007, de 9 de abril, de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, lémbrase a obriga de manter as parcelas e terreos situadas en solo urbano ou núcleo rural nun adecuado estado de limpeza e coa masa vexetal desbrozada antes do de 30 de Xuño de cada ano.

 

 

¿Quen é o responsable da limpeza?

A xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas será realizada pola persoa propietaria dos terreos.

¿Qué distancias deben cumprirse?

Segundo o Artigo 21 da Lei 3/2007, é obrigatorio xestionar a biomasa das parcelas que se encontren dentro dunha franxa perimetral de 50 metros ao solo urbano, urbanizable delimitado e de núcleo rural, así como ao redor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósito de lixo, parques e instalacións industriais, que se encontren a menos de 400 metros do monte. Ademais, nos primeiros 30 metros non poderá haber as especies sinaladas na disposición adicional terceira da presente lei, como piñeiros, acacias, eucaliptos, toxos ou xestas.

(Lista das especies da disposición adicional III)

 

prevencion2

 

Se o meu veciño non se fai responsable da limpeza da finca, ¿a quen podo recorrer?

O incumprimento desta normativa pode dar lugar á incoación de expediente de orde de execución así como o correspondente procedemento sancionador. No caso de que persista o incumprimento dos deberes que lle incumben aos infractores, o Concello poderá efectuar a execución subsidiaria destes traballos, repercutíndolles os custos ás persoas responsables, cando concorran motivos de urxencia e da situación puidera derivarse un perigo inminente para as persoas, os recursos naturais ou o medio ambiente.

¿Cómo sei ata onde ten que chegar a franxa perimetral?

As distancias mediranse dende o límite do solo urbano ou núcleo rural. As distancias no caso de edificacións, vivendas illadas ou urbanizacións mediranse dende o paramento destas. En caso de depósitos de lixo, parques e instalacións industriais, mediranse dende o límite das instalacións.

¿Que fago se vexo lume?

O Concello de Cerdedo está catalogado como zona de alto risco de incendio.

Podes coñecer diariamente o risco de incendio consultando o IRDI (índice de risco diario de incendio forestal) na páxina da Consellería do Medio Rural e Mar. O IRDI establece, para cada unha das épocas de perigo, o risco diario de ocorrencia de incendio forestal, cuxos niveis son baixo (1), moderado (2), alto (3), moi alto (4) e extremo (5).

085

Recomendacións para mellorar a protección da nosa casa ante incendios forestais

mellorasindicendios