Punto Limpo

 

reforma retocadaO Punto Limpo é unha instalación aberta a todos os veciños de Cerdedo ao que se poden levar multitude de residuos que polo seu tamaño ou composición necesitan unha xestión específica. 

 

¿Onde se atopa?

Na subida de Cerdedo aos lugares de Deán-Castro-Quireza (estrada provincial EP-7103).

Coordenadas (ETRS89 / Fuso29): 548.576x / 4.709.272y 

Latitude: 42º 32´3,78´´N /Lonxitude: 8º 24´29,41´´W (WGS84)

 

 

¿Cando podo levar os meus residuos?

20161117 122947

 

Debe chamar ó teléfono do Concello para solicitala entrega de residuos e se lle confirmará o día/hora de apertura para recepcionar a súa entrega. Tlf. 986.75.30.06. Está prohibido depositar calquera tipo de residuo na instalación sen a previa solicitude ao Concello. Está prohibido abandoar residuos  fóra do recinto.

Incumprir calquera norma do uso do punto limpo supón a imposición de multas de ata 300 euros,  regulado na ordenanza municipal de medioambiente e no regulamento do punto limpo.

  • ENTREGA DOS RESIDUOS

- Solicitude previa no tlf. 986.75.30.06 e confirmaráse o dia e hora de entrega.

- O material estará previamente selecionado.

- A persoa que realiza a entrega estará provista do D.N.I

- Existe unhas CANTIDADES MÁXIMAS ADMISIBLES  por motivo de xestión e dimensións da instalación. 

 cantidades admitidas

¿Qué residuos podo depositar na instalación?

SÓ ADMÍTENSE OS SEGUINTES RESIDUOS:

Mobles (madeira / plástico) (Listado)

 Colchóns

 Cadeiras de brazos e sofás.

Residuos téxtiles e roupa. Entrega a asociacións, ONG, Cáritas ou Servizos Sociais. En caso de non poder dar outro uso, entrega no punto limpo.

 Plásticos Agrícolas: plásticos - sacos de silo e plásticos de invernadoiro. (Listado)

 Plásticos domiciliarios: mangueiras, lonas, xoguetes, cubos de plástico, botellas de plástico de grandes dimensións, caixas de plástico, bidóns, embalaxes, etc. (Listado)

 Restos metálicos: somieres, tixolas, potas, tendedeiros, antenas, bicicletas, ferro, aceiro, etc. (Listado)

Residuos perigosos: pinturas, disolventes, vernices e os seus envases. Aerosois. Aceite mineral de automóbil. Baterías de automóbil. (Listado)

Restos de reparación domiciliaria por particulares: cerámica, ladrillo, cascallos. En ningún caso, admitirase residuos con amianto (uralita).  O máximo admitido por obra será  1m3 de escombro. No suposto de superar o volume de residuos admisible no punto limpo, o propietario dos residuos deberá facerse cargo da súa xestión segundo a normativa correspondente e o Concello poderá solicitar xustificante de entrega a xestor autorizado para comprobar que se realizou a xestión adecuada dos mesmos.

 

NON SE ADMITIRÁN DEPOSITAR AQUÍ OS SEGUINTES RESIDUOS:

• ELECTRODOMÉSTICOS / APARELLOS ELECTRÓNICOS: O Concello realizará a súa recollida a domicilio o no caso de pequenos aparellos poden entregarse na Oficina Municipal de Medioambiente (casa do Concello).

 CALZADO: Entrega a asociacións, ONG, Cáritas ou Servizos Sociais. No caso de non poder darle un segundo uso, depositar no colector xenérico ou entrega no punto limpo.

LIXO ORGÁNICO: Compostaxe doméstica.

 PAPEL-CARTÓN/VIDRO/ENVASES: Colectores de recollida selectiva.

PILAS: Deposita as túas pilas nos colectores dispostos polo Concello.

FLUORESCENTES E LÁMPADAS: Deposita as lámpadas nos colectores dispostos polo Concello.

PNEUMÁTICOS: Os pneumáticos deben ser entregados nos talleres mecánicos para a súa xestión.

 PRODUTOS FITOSANITARIOS: Os seus envases deberán ser entregados nos puntos de recollida de envases de produtos fitosanitarios (xestor SIGFITO)

• RESIDUOS DE OBRAS (RCDs): Residuos de construción e demolición. En ningún caso, admitirase residuos con amianto (uralita). Os residuos de fibrocemento ou amianto deberán ser desintalados, acondicionados para o seu traslado e xestionados por empresas inscritas no Rexistro de empresas con risco por amianto (RERA), de conformidade coa regulación sectorial aplicable aos traballos con risco de exposición ao amianto.

 RESIDUOS RADIOACTIVOS, INFECCIOSOS, MATERIAIS EXPLOSIVOS Ou INFLAMABLES, COMBUSTIBLES.

ANIMAIS MORTOS / RESIDUOS AGRÍCOLAS E GANDEIROS.

RESIDUOS SEN IDENTIFICAR E DISTINTOS AOS ESPECIFICADOS DENTRO DE RESIDUOS ADMISIBLES.