Contratación Laboral de 12 traballadores desempregados por un período de 6 meses

O concello de Cerdedo fai saber que, en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, a través do Plan Provincial de Emprego 2.013, vai proceder á contratación de 12 traballadores por un período de 6 meses, 25 horas semanais, pertencentes á categoría de peón e cun salario líquido de 502,15 €/mes para realizar diversoso traballos de acondicionamento e mantemento das zonas verdes e naturais do concello de Cerdedo. Todos os gastos derivados do custo da contratación deste persoal (salarios e seguridade social) serán aportados pola Deputación Provincial

Os traballadores serán seleccionados a través da presentación da correspondente oferta pública na Oficina de Emprego de Pontevedra e os beneficiarios deben ser persoas desempregadas non perceptoras de ningún tipo de prestanción, e inscritas na devandita oficina como demandante de emprego na categoría de peón talador, trozador e outro traballos forestais.

Todas as persoas interesadas e que cumpran os requisitos esixidos, poderán pasar polo Concello de Cerdedo na oficina do axente de emprego e desenvolvemento local, para recoller as correspondentes bases que rexirán o proceso selectivo ou para resolver calquera dúbida.

Comparte