Servizo de recollida de restos vexetais

+ Qué é o servizo de recollida de restos vexetais?
É un servizo gratuito e voluntario, que ofrece o Concello de Cerdedo para que todos os veciños que o desexen, poidan xestionar dunha maneira sostible os restos vexetais dos seus domicilios, xa sexan podas, ramas, follas, restos de plantas...
+ Como se pode participar?
É un sistema de porta a porta de trituración no que o concello entrega unha saca para a súa recollida ou trituración dos restos vexetais ao veciño que queira participar.
+ Beneficios

+ Que podo botar na saca?


Os restos de poda que polo seu tamaño non podan almacenarse na saca, deberase facer feixes. Estes deben ter unha lonxitude máxima de 1,5 metros e se pode sacar un máximo de 6 feixes por cada servizo solicitado.
+ Como se presta o servizo?
Unha vez que a saca estea chea, o veciño/a debe chamar ao concello para solicitar a súa recollida.
O concello comunicaralle o día exacto da recollida e, será entón cando un día antes de que pase o camión coa trituradora, deberemos poñer a saca e os feixes na porta do domicilio o preto da estrada para facilitar o acceso á biotrituradora.
O Concello fará dúas recollidas anuais coincidindo coas épocas de maior produción de restos vexetais:

No caso de precisar unha recollida extra, podemos levar a nosa saca ou restos de poda á Area de Compostaxe do Concello.
+ Que facemos co triturado?
O concello nas datas de recollida establecidas ofrece un servizo de trituración porta a porta nos domicilios que previamente o solicitasen:

+ SOLICITUDE DO SERVIZO DE TRITURACIÓN
Para solicitar a recollida e triturado dos teus restos vexetais tedes dous opcións:
- Solicitude facendo click AQUI e cubrindo o formulario.
- Chamando ao teléfono 986.75.30.06 en horario de 09:00 a 14:00h.
