Deportes

O Pavillón municipal conta cunha pista polideportiva útil para unha gran cantidade de especialidades: bádminton, baloncesto, balonmán, fútbol sala, tenis e voleibol. Así coma un ximnasio con sala de fitness e musculatura: banco de abdominais, bicicletas estáticas, cinta mecánica, máquina multifunción, pesas e stepper. As instalacións complétanse cos vestiarios e coas bancadas, cunha capacidade para 300 persoas. Usuarios/as de tódalas idades aproveitan o espazo grazas ás actividades deportivas promovidas polo concello.
ACTIVIDADES
- Ximnasia de mantemento para adultos e maiores.
- Pilates.
- Zumba.
- Ioga.
Para poder usar dita instalación deportiva ou facer unha reserva da mesma por parte dos veciños/as do concello será necesario cursar unha solicitude previa nas oficinas xerais do Concello de Cerdedo.
Para información acerca de ditas actividades (prezos, horarios,….) ou para anotarse e participar nas mesmas contacten coas oficinas municipais.
