Cultura
Rúa das Longas, 12. 36130 - CERDEDO - Tlf: 986 75 31 25
- CENTRO CULTURAL DE CERDEDO
Un auditorio con espazo para acoller a máis de 200 persoas de público, unha bibliotecacon telecentro equipado de dezaseis postos informáticos, unha sala de exposicións e un centro multisocial son os equipamentos municipais de carácter cultural situado no núcleo urbano de Cerdedo. Son numerosas as actividades, actuacións, cursos e exposicións desenrolados nas instalacións dende a súa inauguración en Agosto do ano 2010.
Características técnicas do auditorio (pdf.)
ORGANIZACIÓN E PROGRAMACIÓN DE EVENTOS CULTURAIS E FESTAS REALIZADAS POLO CONCELLO DE CERDEDO
- Programación e coordinación dunha variada axenda cultural.
Representacións teatrais
Proxección de películas
Concertos, festivais de música
Humor
-
Programación de actividades de Entroido.
-
Organización da Festa de San Xoán.
-
Programación e coordinación da Semana Cultural coincidindo coa celebración das festas patronais en honor ao Divino Ecce Homo.
-
Programación actividades de Nadal (obradoiros de manualidades, Cabalgata de Reis,etc)
-
Organización de charlas informativas e de interese local.
-
Organización de excursións.
-
Información e xestión de subvencións ás asociacións culturais municipais que así o precisen.
Se queres formar parte da nosa programación envíanos a túa proposta cultural ó seguinte enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
- BIBLIOTECA MUNICIPAL
Na biblioteca municipal poderás gozar dunha gran colección de libros infantís, xuvenís e para adultos. Servizos de préstamo de libros, conexión a internet e unha sala informática equipada con ordenadores.
SERVIZOS
-
Información e consulta do fondo bibliográfico.
-
Sala de lectura.
-
Préstamo domiciliario de ata 3 obras para lectura na casa cun prazo máximo de devolución de 15 días.
-
Equipos multimedia con acceso a internet de forma gratuita.
-
Conexión wifi.
-
Espazo deseñado para os máis pequenos, un espazo lúdico de aprendizaxe e lectura para os nenos/as de menor idade.
CARNÉ DE SOCIO
Para o servizo de préstamo e devolución de material é necesario dispor do Carné de Socio. A súa adquisición é gratuita e só é necesario a presentación do DNI. Non hai límite de idade.
HORARIO DE ATENCIÓN AO PUBLICO
HORARIO DE INVERNO: Luns, mércores e venres de 15:30 h a 20:00 h
HORARIO DE VERÁN: Luns, mércores e venres de 9:00 h a 14:00 h.
Síguenos a través da rede social Facebook para estar ó día na nosa programación, Biblioteca Cerdedo.

