
Plan Local de Xestión de Residuos
O Concello de Cerdedo conta cun Plan Local de Xestión de Residuos co obxectivo de fomentar como primeira medida de xestión a prevención e redución de xeración de residuos no termo do concello e aumentar os índices de reciclaxe en consonancia cos obxectivos da Estratexia Europea 2020.
Os obxectivos xerais que buscamos conseguir son:
• Descentralizar a xestión dos residuos e reducir en orixe o volume de residuos.
• Fomentar a participación dos cidadáns nun modelo de xestión dos residuos sustentable.
• Promover a recollida selectiva en orixe, para fomentar a reciclaxe e a reutilización.
• Tratar en orixe a fracción orgánica dos residuos. Divulgar e demostrar que a compostaxe é unha solución viable para os residuos orgánicos domésticos.
• Reducir custos de xestión (económicos e ambientais).
As liñas estratéxicas fixadas neste plan son:
• Plan de fomento da recollida selectiva: maior dotación e acceso a colectores de reciclaxe.
• Plan de autoxestión por compostaxe: xestión en orixe da fracción orgánica.
• Plan de comunicación e educación ambiental: comunicación, información e participación proactiva.