Medio Ambiente

Quen composta,paga menos

 

Chega a recompensa por compostar na casa os restos de comida.

 

O Concello de Cerdedo-Cotobade, a través da Oficina municipal de Medio, xa comezou os trámites co ORAL para recompensar aos participantes no proxecto piloto de compostaxe posta en marcha no antigo termo municipal de Cerdedo.


Co obxectivo de incentivar a separación en orixe de residuos, o Concello considerou premiar aos veciños que se esforzan por reciclar e colaborar coa redución de residuos desde as súas casas a través da bonificación da taxa de lixo.
Así, tal como está regulado na ordenanza fiscal vixente no antigo Concello de Cerdedo, establécese unha bonificación de 10 euros no importe do recibo para aqueles veciños que participen no proxecto de compostaxe establecida no concello e sempre que cumpran os requisitos e obrigacións do mesmo.

Dentro dos requisitos para poder optar á bonificación era asistir á sesión formativa organizada polo Concello e facilitar as tarefas de seguimento a través das visitas casa por casa para revisar o uso do compostero e resolver dúbidas para mellorar o proceso.
Tras o seguimento realizado ao longo do ano 2016, a Oficina Municipal de Medio enviou ao ORAL a lista de usuarios de Cerdedo que cumpriron con estes requisitos para que proceda á redución de 10 euros do recibo de lixo correspondente ao ano 2016.


Esta fiscalidade positiva enmárcase no obxectivo de « facer máis xusta a xestión de residuos e tender ao criterio de quen contamina paga». Así, o Concello quere recoñecer o esforzo e colaboración dos veciños.

Balance inicial do convenio con Arroupa, firma dependente da fundación diocesana

Cerdedo-Cotobade recolle preto
de 800 quilogramos de roupa usada nun só mes a prol de Cáritas

  • O municipio conta con tres contenedores para depósito de vestimenta no CEIP de Tenorio, o punto limpo e o aparcadoiro público de Cerdedo
  • A iniciativa, posta en marcha pola oficina de Medio Ambiente, pretende facilitar roupa a familias con poucos recursos e reducir os residuos

15 de febreiro de 2017.- O Concello de Cerdedo-Cotobade recolleu un total de 772 quilogramos de roupa usada no primeiro mes de funcionamento do seu novo servizo de recollida de vestimenta, posto en marcha en colaboración coa empresa Arroupa, dependente da Fundación Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela.

O convenio asinouse a finais de novembro e permitíu a colocación de tres contenedores de roupa usada no municipio. Os puntos de depósito de roupa recolleron 251,50 quilogramos no CEIP de Tenorio, 151,50 no punto limpo municipal e 369 no aparcadoiro público de Cerdedo, respectivamente. Deste xeito, o arranque da actividade pode considerarse moi exitoso, xa que a súa proxección anual suporía a retirada de máis de 9.200 quilogramos de roupa usada, aínda que se confía en que a cantidade se incremente a medida que o servizo comece a ser aínda máis coñecido entre a veciñanza.

Esta iniciativa, que está impulsada pola oficina de Medio Ambiente, conta con dous obxectivos, que pasan polo aforro de custes no tratamento de residuos ao reducir o depósito de prendas nos contenedores xenéricos de lixo orgánico e, sobre todo, o feito e facilitar roupa en bo estado a familias con poucos recursos económicos.

O Concello optou pola firma Arroupa, que se encarga da recollida da roupa e do mantemento dos contenedores, como vía de xestión para a roupa e téxtiles usados porque se trata dunha empresa de economía social, dedicada á reciclaxe e posta en valor da roupa usada, que dá traballo a persoas nunha situación de marxinación.

Os veciños poden depositar nestes colectores roupa, calzado, bolsos e téxtiles como mantas. As prendas en boas condicións serán ofertadas a familias e colectivos que precisen de axuda social, mentres que as inservibles serán enviadas a centros axeitados para a súa reciclaxe. Para aproveitar ao máximo os colectores e facilitar a xestión, desde o Concello pídese que a roupa se deposite neles en bolsas e –preferentemente– dobrada.

O Concello de Cerdedo conta cun servizo prionero de recollida de restos vexetais e servizo de biotrituración a domicilio. Se queres saber máis, escoita esta entrevista na radio Cadena COPE á técnica de medio ambiente, Cristina Tome.

Escoitar entrevista. Cadena COPE, 01/12/2016

II fase PROXECTO COMPOSTAXE

II fase e png

O boletín informativo da organización COMPOSTA EN RED publica un artígo sobre os últimos proxectos en materia de medio ambiente postos en marcha polo Concello de Cerdedo.

COMPOSTA EN RED é a coordinadora da rede estatal formada por concellos de España que levan a cabo proxectos e iniciativas de compostaxe. A Rede fórmase para dar impulso, fomentar e promocionar políticas públicas para a compostaxe doméstica e comunitaria, dado o importante papel que estas poden desempeñar na redución dos residuos orgánicos.

O boletín informativo do mes de Xullo publica un artigo sobre os proxectos que está a poñer en marcha a Oficina Municipal de Medioambiente do Concello. Resaltan o proxecto de compostaxe doméstico posto en marcha este ano no que participarán 150 vivendas e que está cofinanciado polo plan PIMA do MAGRAMA. O proxecto, baixo o lema "Dalle ao REC" e cunha duración de dous anos, ten como obxectivo a redución dos restos orgánicos (comida) e restos vexetais e de poda no contedor xenérico e conseguir así importantes aforros tanto medioambientales como económicos.

O proxecto consiste no reparto de distintos materiais, entre eles un composteiro, ás vivendas dos núcleos seleccionados a participar (75 familias cada ano); formación aos veciños e seguimento para comprobar o correcto funcionamento e obter os resultados buscados.

materiales proyecto

 

Outro dos proxectos que resalta o artigo é o novo servizo de recollida de restos vexetais e trituración. O Concello vai a poñer en marcha un servizo porta a porta dunha biotrituradora previa solicitude do usaurio nas épocas de poda para triturar os restos de poda. O obxectivo deste servizo é evitar que os restos vexetais e de poda sexan depositados no contedor de lixo ou evitar a queima dos mesmos. O Concello así aposta por unha xestión más sustentable e reduce as emisións de CO2 e contribúe a loita contra o cambio climático.

Por último, resaltan a aposta do Concello por tecnoloxías de depuración non convencionaismáis asumibles por parte dun pequeno municipio, non só desde o punto de vista do custo de investimento, senón tamén, e o que é máis importante, máis respectuoso coa protección do medioambiente. O Concello elaborou un proxecto de melloras dos sistemas de depuración municipais que vai ser financiado por Augas de Galicia, no que  a aposta do Concello serán os "Humidais artificiais subsuperficias". Basicamente, os humidais artificiais reproducen, de maneira controlada, os procesos de depuración que ocorren normalmente nos humidais naturais. Supoñen unha moi boa integración na contorna e permiten mesmo a creación de zonas húmidas con elevado valor ambiental. É un sistema totalmente natural e sen adición de produtos químicos de maneira habitual, producindo moi poucos lodos, o cal abarata a xestión. O seu mantemento é moi escaso, sen dependencia tecnolóxica e reducíndose a comprobacións periódicas. Non xera cheiros nin insectos xa que a auga circula polo interior do humidal.

Aínda que moitos ao principio poden velo como unha tecnoloxía simple xa que apenas conta con obra civil, o certo é que é unha tecnoloxía que se probou con éxito xa para depurar augas industriais e que en Europa ou EEUU levan apostando por eles desde fai máis dunha década. 

 

Máis información sobre o proxecto de compostaxe doméstico, prema aquí.

Máis información do servizo de recollida de poda e trituración, aquí.

Descargar o artigo de COMPOSTA EN RED, aquí.

Plan Cerdedo BIODEPURA

Cun importe de preto de 200.000 euros como orzamento, o Concello de Cerdedo planificou a mellora de funcionamento e integración paisaxística de sete das súas actuais depuradoras municipais, incluíndo dentro destas, á EDAR do núcleo urbano de Cerdedo.

Planificouse a retirada das instalacións de depuración dos lugares de Outeiro -Vos Castros (Quireza) e de Tomonde porque presentan un estado moi avanzado de oxidación, con tecnoloxías obsoletas e con moitos problemas operativos que impiden cumprir cos objetivos de vertido e protección das augas. A novidade será que o Concello de Cerdedo vai apostar pola substitución destes sistemas por dous humidais artificiais.

 

PLAN CERDEDO BIODEPURA

Nos primeiros anos da década dos 90, o equipo de goberno daquel entón apostou por dotar de saneamento a moitos dos lugares do Concello de Cerdedo. Instalacións de depuración, que no seu momento cumprían cos seus rendementos, pero que a dia de hoxe, con máis de 10 anos en funcionamento presentan importantes deficiencias no seu funcionamento.

A esta problemática uníuselle a falta de planificación. Debido á falta de persoal cualificado e porque era función das administracións supramunicipais, non se realizaron estudos previos adecuados de caudais, carga contaminante, alternativas posibles, etc. Como resultado, construíronse instalacións pouco ou nada adecuadas para a realidade do noso territorio e das nosas augas residuais.

A elevada dispersión territorial característica de moitos concellos galegos do rural como é Cerdedo, levaron á instalación de pequenas depuradoras en moitos dos seus lugares que apenas superaban os 100 habitantes. O escenario que nos atopamos na actualidade é un concello con poucos recursos económicos e de persoal que debe atender as obrigacións legais en materia de saneamento como son o seu mantemento, xestión, múltiples analíticas e o máis importante, asegurar un rendemento que asegure o cumprimento dos obxectivos de calidade de vertido cada vez máis esixentes para non contaminar as masas de auga.

O Concello de Cerdedo, dentro do seu compromiso por incorporar unha estratexia de sustentabilidade a longo prazo nas súas políticas e a súa aposta pola protección dos seus recursos naturais, decide elaborar un plan de melloras nas depuradoras municipais e incorporar unha aposta clara por novos sistemas de depuración máis asumibles por parte dun pequeno municipio, non só desde o punto de vista do custo de investimento, senón tamén, e o que é máis importante, máis respectuoso coa protección do medioambiente.

O obxectivo é mellorar o funcionamento das instalacións de depuración para garantir a calidade da vertedura seguindo as estratexias europeas en materia de protección das augas. Apostar por tecnoloxías de baixo custo de investimento, mantemento e operación e que se axusten en cada caso ao tipo de poboación. A novidade é a prioridade do equipo de goberno na súa aposta por "tecnoloxías non convencionais ou de baixo custo" que nos últimos anos foron xa probadas con éxito en moitos países europeos. .

Baixo estes sistemas, a aposta do Concello de Cerdedo serán os "Humidais artificiais subsuperficias". Basicamente, os humidais artificiais reproducen, de maneira controlada, os procesos de depuración que ocorren normalmente nos humidais naturais. Supoñen unha moi boa integración na contorna e permiten mesmo a creación de zonas húmidas con elevado valor ambiental. É un sistema totalmente natural e sen adición de produtos químicos de maneira habitual, producindo moi poucos lodos, o cal abarata a xestión. O seu mantemento é moi escaso, sen dependencia tecnolóxica e reducíndose a comprobacións periódicas. Non xera cheiros nin insectos xa que a auga circula polo interior do humidal.

Aínda que moitos ao principio poden velo como unha tecnoloxía simple xa que apenas conta con obra civil, o certo é que é unha tecnoloxía que se probou con éxito xa para depurar augas industriais e que en Europa levan apostando por eles desde fai máis dunha década.


O plan BIODEPURA está deseñado baixo os seguintes obxectivos:

  • Tecnoloxías que requiran un mantemento sinxelo.

  • Simplicidade na xestión de lodos xerados na depuración.

  • Custos mínimos de implantación e explotación.

  • Adecuarse á contorna coa maior integración ambiental posible.

  • Tecnoloxías competitivas en termos de eficiencia e máis sustentables.

O alcalde de Cerdedo, José Balseiros, aproveitou a visita da conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, ao acto de inauguración da Estación de Tratamento de Auga Potable (Etap) do municipio para solicitar a inclusión da súa concello no plan autonómico de saneamento da Ría de Pontevedra.


En presenza tamén do seu homólogo cotobadés, Jorge Cubela, Balseiros defendeu que «non só é necesario, senón prioritario» actuar no nacemento e no transcurso do río Lérez «porque temos bastantes núcleos nos concellos de Cotobade e Cerdedo que verquen directamente ó Lérez e aos seus afluentes», de aí a necesidade de executar redes de saneamento.

Respecto diso, Mato anunciou que a Xunta tratará de «avaliar como está a situación en Cerdedo para tentar incluílo na folla de ruta» do citado proxecto para a depuración da Ría.

O Concello de Cerdedo vén de poñer a andar un programa de compostaxe bianual que, se funciona, se extenderá a todo o municipio. O obxectivo é reducir nun 50% o lixo que envía a Sogama, evitar custos innecesarios, e contribuír a facer a vecindade partícipe na xestión dos seus residuos. A compostaxe inclúese no plan local de xestión de residuos que nos explica neste espazo a técnica de medio ambiente, Cristina Tomé.

Escoitar Entrevista de radio.