Bandos

O Concello de Cerdedo fai saber que existen persoas interesadas en parcelas que non se atopen preto dos núcleos de poboación para adicalas a produción apícola (colmenas de abellas).

Aqueles propietarios deste tipo de parcelas recibirían a cambio polo préstamo da parcela o mantemento da parcela en condicións de limpeza e salubridade.

Para máis información, contacte coas oficinas do Concello.

Descargar información. descarga doc

BANDO EXCURSIÓN A LUGO

O Concello de Cerdedo informa da organización dunha excursió a Lugo o vindeiro xóves día 30 de abril. O prezo da mesma é de 15 euros por persoa e inclúe o xantar. Para inscribirse ou recibir máis información dirixirse ás oficinas municipais ou telefónicamente no 986 75 30 06.

O Concello de Cerdedo, en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, informa sobre os programas de balnearios para o ano 2015: COIDARTE e SAÚDE E BENESTAR. Para máis información dirixirse ás oficinas municipais ou no teléfono 986 75 30 06.

O Concello de Cerdedo informa das subvencións da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia para a reahabilitación de fachadas con granito e renovación de cubertas con tella cerámica e lousa. Para máis información dirixirse ó departamento de urbanismo do Concello

O Concello de Cerdedo informa da convocatoria da Prestación económica de pagamento único por fillo a cargo menor de 3 anos da Consellería de Traballo e Benestar.

O Concello de Cerdedo informa da convocatoria de axudas ao alugamento de vivendas posta en marcha polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (DOGA 19 xaneiro de 2015).

BANDO TERMALISMO SOCIAL

O Concello de Cerdedo informa da posta en marcha do programa de Termalismo Social (Balnearios) que organiza o Imserso. Está dirixido a pensionistas da seguridade social (xubilación, invalidez, ...); existen dous prazos de solicitude, un primeiro ata o 12 de xaneiro (para as quendas dos meses de febreiro a agosto) e un segundo ata o 13 de maio (para as quendas dos meses de setembro a decembro). Para máis información dirixirse ó departamento de servicios sociais do Concello de Cerdedo.