Noticias

O Concello de Cerdedo informa que en breves datas porase en marcha a través do Consorcio Local Conca do Lérez un novo proxecto de obradoiro de emprego que se desenvolverá conxuntamente nos concellos de Campo Lameiro, Cerdedo e Cotobade. Por tal motivo informamos que todos os interesados en participar neste obradoiro deben estar anotados na Oficina de Emprego de Pontevedra na seguinte categoría:
          - Obraodiro de emprego
          - Módulo: forestal/xardinería

Será a propia Oficina de Emprego de Pontevedra, a que remita o listado de aspirantes a participar no obradoiro, en función dos criterios que marca a Orde do 8 de maio de 2013 que regula os proxectos de obradoiros de emprego.

O obradoiro terá unha duración de 6 meses e para ser beneficiario haberá que ter os 18 anos cumpridos e estar desempregado. Terán prioridade os seguintes colectivos:
          - menores de 30 anos
          - maiores de 45 anos
          - persoal traballador que esgotou as prestacións
          - mulleres
          - persoas sen titulación universitaria nin F.P.
          - persoas con discapacidade

O Concello de Cerdedo recalca que será a Oficina de Emprego de Pontevedra a responsable de enviar á entidade promotora os listados de aspirantes ás prazas de alumno-traballador.

Para máis información acudir ás oficinas do Concello de Cerdedo

EXCURSIÓN A GUARDA

O Concello de Cerdedo en colaboración coa Asociación de Maiores Contamos, informan da organización dunha excursión a A Guarda, o vindeiro sábado 19 de outubro. Visitaranse entre outro paraxes o Monte Santa Tegra así como a vila de Tui. O prezo e de 10 euros , inclue comida. O prazo de inscrición será ata o 10 de outubro, poidendo facerse nas oficinas do Concello.

PXOM DE CERDEDO

O Concello de Cerdedo continuando coa tramitación do PLAN XERAL DE ORDENACION MUNICIPAL, e co obxecto de darlle a maior publicidade posible, así como facilidades a todos os veciños, tanto na tramitación como na elaboración do citado PXOM, expón novamente ao público os traballos do antes dito PXOM, ata o vindeiro mércores día 20 de novembro do ano corrente.

CHARLA INFORMATIVA

O Concello de Cerdedo informa, que o Centro de Atención a Persoas Maiores  organiza unha charla informativa sobre o proxecto destinado aos maiores de Cerdedo "Activémonos", está dirixida a tódolos veciños. Terá lugar o 8 de outubro no Centro Social de Cerdedo e o 9 de outubro no Centro Social de Quireza, en ambos casos as 6 da tarde

O concello de Cerdedo informa da organización dun curso de "Aplicador de biocidas de uso fitosanitario: nivel básico"; este carnet é obrigatorio para aplicar sulfatos en explotacións agrícolas-gandeiras particulares. O prezo variará en función do alumnado matriculado. Para inscribirse ou recibir máis información nas oficinas do concello antes do día 20 de novembro.

Programa de Balnearios

O concello de Cerdedo informa da posta en marcha dos programas "Saude e Benestar" e "Programa Diurno de Balnearios: Coidarte 2013" da Diputación de Pontevedra; ambos están dirixidos a persoas maiores de 50 anos, pensionistas ou con necesidades de respiro familiar. Para recibir máis información ou inscribirse no Concello ata o 27 de novembro

O Concello de Cerdedo informa sobre a publicación das bases reguladoras da concesión de axudas e subvencións para a execución do PLAN PROVINCIAL DE EMPREGO 2014, as cales otorgan ao Concello de Cerdedo 8 traballadores para prestar servizos de acondicionamento e limpeza de zonas verdes e naturais.

O Concello de Cerdedo informa da organización dunha excursión a Valença de Minho para asistir á Feira e para visitar o Santuario da Franqueira. O prezo é de 6 € (non inclúe comida). A data límite para inscribirse é o 30 de maio.