Noticias

FESTA DO SAN XOÁN

O Concello de Cerdedo informa da organización da tradicional Festa de San Xoán, que terá lugar o vindeiro domingo día 23 de xuño na praia fluvial de Cerdedo.

DESBROCE E SULFATADO

O Concello de Cerdedo informa do inicio dos traballos de DESBROCE E SULFATADO dos viais e camiños públicos do Municipio

O Concello de Cerdedo informasobre a normativa de prevención e defensa contra os incendios forestais, en relación á limpeza de fincas que se atopen dentro dos núcleos de poboación ou nunha franxa perimetral de 50 metros ao redor das últimas edificacións.

Programa diurno de Balnearios

O Concello de Cerdedo informa da posta en marcha, en colaboración coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, do PROGRAMA DIURNO DE BALNEARIOS "COIDARTE 2013". O programa está dirixido a persoas de 50 ou máis anos e aos pensionistas. As prazas son limitadas. Para máis información e presentación de solicitudes ata o 21 de xuño nas oficinas municiapais ou no 986 75 30 06

O Concello de Cerdedo informa que en breves datas porase en marcha a través do Consorcio Local Conca do Lérez un novo proxecto de obradoiro de emprego que se desenvolverá conxuntamente nos concellos de Campo Lameiro, Cerdedo e Cotobade. Por tal motivo informamos que todos os interesados en participar neste obradoiro deben estar anotados na Oficina de Emprego de Pontevedra na seguinte categoría:
          - Obraodiro de emprego
          - Módulo: forestal/xardinería

Será a propia Oficina de Emprego de Pontevedra, a que remita o listado de aspirantes a participar no obradoiro, en función dos criterios que marca a Orde do 8 de maio de 2013 que regula os proxectos de obradoiros de emprego.

O obradoiro terá unha duración de 6 meses e para ser beneficiario haberá que ter os 18 anos cumpridos e estar desempregado. Terán prioridade os seguintes colectivos:
          - menores de 30 anos
          - maiores de 45 anos
          - persoal traballador que esgotou as prestacións
          - mulleres
          - persoas sen titulación universitaria nin F.P.
          - persoas con discapacidade

O Concello de Cerdedo recalca que será a Oficina de Emprego de Pontevedra a responsable de enviar á entidade promotora os listados de aspirantes ás prazas de alumno-traballador.

Para máis información acudir ás oficinas do Concello de Cerdedo

EXCURSIÓN A GUARDA

O Concello de Cerdedo en colaboración coa Asociación de Maiores Contamos, informan da organización dunha excursión a A Guarda, o vindeiro sábado 19 de outubro. Visitaranse entre outro paraxes o Monte Santa Tegra así como a vila de Tui. O prezo e de 10 euros , inclue comida. O prazo de inscrición será ata o 10 de outubro, poidendo facerse nas oficinas do Concello.

PXOM DE CERDEDO

O Concello de Cerdedo continuando coa tramitación do PLAN XERAL DE ORDENACION MUNICIPAL, e co obxecto de darlle a maior publicidade posible, así como facilidades a todos os veciños, tanto na tramitación como na elaboración do citado PXOM, expón novamente ao público os traballos do antes dito PXOM, ata o vindeiro mércores día 20 de novembro do ano corrente.

CHARLA INFORMATIVA

O Concello de Cerdedo informa, que o Centro de Atención a Persoas Maiores  organiza unha charla informativa sobre o proxecto destinado aos maiores de Cerdedo "Activémonos", está dirixida a tódolos veciños. Terá lugar o 8 de outubro no Centro Social de Cerdedo e o 9 de outubro no Centro Social de Quireza, en ambos casos as 6 da tarde