Noticias

O Concello de Cerdedo informa de que a Brigada Municipal de Obras iniciará traballos de desbroce e sulfatado dos viales e camiños públicos. Se algún veciño non quere que as súas propiedades sexan sulfatadas, o teléfono de contacto é: 986 75 30 06 (Concello de Cerdedo) e 626 990 997 (Encargado da Brigada Municipal de Obras).

Solidariedade cós refuxiados

O Concello de Cerdedo fai un chamamento a tódolos cerdedenses para sumarse á campaña de solidariedade na que embargouse o consistorio en beneficio dos refuxiados. Agardámosvos nas Oficinas Municipais.

OBRADOIRO DE TEATRO

O Concello de Cerdedo informa da posta en marcha do OBRADOIRO DE TEATRO para tódol@s veciñ@s maiores de 6 anos. Inscricións nas oficinas do consistorio ou na Biblioteca Municipal antes do 30 de OUTUBRO. Prazas limitadas e 12 euros/mes.                                                              

O Concello de Cerdedo informa da programación cultural para os meses de Decembro 2015 e Xaneiro 2016. Un programa de actividades para tódolos públicos. A gozar!                                                              

O 12 de Decembro de 2015 de 9:30 - 14:30 horas no Auditorio do Centro Cultural de Cerdedo. Evento patrocinado pola Deputación de Pontevedra e organizado polo Concello de Cerdedo, Asgaprem e Docentia. Prazo de inscricións gratuítas ata o 10 de Decembro.

O Concello de Cerdedo abre o prazo de solicitude das axudas básicas de emerxencia social. O prazo de solicitudes estará aberto ata o 23 de decembro no Rexistro Xeral do Consistorio.

O Concello de Cerdedo informa da publicación das bases reguladoras da concesión de axudas e subvencións para a execución do PLAN PROVINCIAL DE EMPREGO 2016, as cales outorgan ao Concello de Cerdedo 11 traballadores para prestar servizos de acondicionamento e limpeza de zonas municipais e mellora de espazos verdes e naturais.                              

Plans Renove

A Xunta de Galicia a través do Instituto Enerxético de Galicia (I.N.E.G.A) e da  Consellería de Economía e Industria, publicou as seguintes axudas:

PLAN RENOVE DE ELECTRODOMÉSTICOS e  PLAN RENOVE DE INSTALACIÓNS DE GAS