Noticias

O Concello de Cerdedo informa de que o IMSERSO abre o prazo de solicitude de prazas no PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL, BALNEARIOS. Para máis información e inscricións no DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS ou no teléfono 986 75 30 06.

Entroido Cerdedo 2016

O Concello de Cerdedo informa de que o DOMINGO 7 de FEBREIRO, a partir das 17:30 horas no salón de actos do CEIP SAN XOÁN BAUTISTA DE CERDEDO, gozaremos do GRAN BAILE DE DISFRACES. Haberá música e animación a cargo do GRUPO "TROULA ANIMACIÓN".

O Concello de Cerdedo con tódolos/as que loitan cada día contra a enfermidade.

O Concello de Cerdedo informa da posta en marcha do programa de Balnearios da Xunta de Galicia para o ano 2015. Para máis información e inscricións nas oficinas municipais ou no teléfono 986 75 30 06.

O Concello de Cerdedo informa da posta en marcha do Programa de Turismo Social para Maiores (que inclúe estadias en zonas costeiras, viaxes culturais e turismo de natureza). Para inscribirse ou recibir máis información chamar ó teléfono 986 75 30 06 ou persoalmente nas oficinas do Concello. Prazo ata o 1 de xuño.

O Concello de Cerdedo informa de que a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia inicia a súa campaña do Programa Galego de Detección Precoz de Cancro de Mama a partir do 1 de Xuño de 2015. Todas as señoras entre 50 e 69 anos recibirán unha carta co día, hora e lugar a onde teñen que acudir. No caso de non recibir a comunicación por carta, poden chamar o 981 141 414.

O Concello de Cerdedo en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra vai desenvolver un curso formativo gratuíto de Informática a través do Programa Actívate. Cunha duración de 40 horas en horario de maña no mes de Xullo, terán prioridade os moz@s con idades comprendidas entre os 16 e 35 anos. Prazo de presentación de solicitudes do 1 o 16 de Xuño na Secretaría do Concello.

O Concello de Cerdedo informa de que a Xunta de Galicia reduciu a 50 metros o perímetro de desbroce, debido o alto risco de incendios forestais da zona. A limpeza e a xestión da masa vexetal farase con anterioridade o 30 de Xuño de cada ano.