Subvenciones para asociaciones vecinales, asociaciones de mujeres rurales y comunidades de usuarios de aguas

Convocatoria de subvencións dentro do Plan específico de acción comunitaria destinada a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia.

Dirixido a:Asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas debidamente inscritas no rexistro público correspondente e asociacións de mulleres rurais de Galicia.

Obxecto da subvención: Poderán ser obxecto de subvención os gastos ocasionados como consecuencia de investimentos realizados en inmobles de titularidade veciñal ou sobre os cales a entidade solicitante ten un dereito de uso por convenio ou por calquera outro título, así como equipamentos necesarios para o seu funcionamento, todos eles vinculados a acadar unha eficaz prestación dos servizos de interese veciñal, análogos aos encadrados como servizos básicos municipais na lexislación de réxime local, e a mellora da vida local nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, incluídos os camiños veciñais e as traídas de augas xestionadas polas comunidades de usuarios de augas.

Axuda:  A axuda económica que se conceda poderá acadar a totalidade do investimento realizado cun límite máximo por entidade de 12.000 euros para a realización de obras e de 5.000 euros para dotación de equipamentos, ata o esgotamento do crédito a que se refire o punto anterior.

Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

DESCARGA AQUI A CONVOCATORIA, descarga doc

Comparte