Bando Programa Galego de Detección Precoz de Cancro de Mama

O Concello de Cerdedo informa de que a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia inicia a súa campaña do Programa Galego de Detección Precoz de Cancro de Mama a partir do 1 de Xuño de 2015. Todas as señoras entre 50 e 69 anos recibirán unha carta co día, hora e lugar a onde teñen que acudir. No caso de non recibir a comunicación por carta, poden chamar o 981 141 414.