Novas

DETECCION CANCRO MAMA

FOLLETO INFORMATIVO PARA USUARIAS, descarga doc

O Imserso desenvolve o seu Programa de Turismo como un servizo complementario das prestacións do Sistema da Seguridade Social española, co obxectivo de proporcionar ás persoas maiores estancias en zonas de costa e turismo de interior, contribuíndo con iso a mellorar a súa calidade de vida, a súa saúde e a prevención da dependencia.

Prazo de presentación de solicitudes é ata o día 7 de Xuño.

As solicitudes poderán presentarse nas seguintes direccións:

    Por Internet e só para a presentación de novas solicitudes, a través da Sede electrónica do Imserso, cumprimentando a solicitude e seguindo as instrucións que se indican.

https://sede.imserso.gob.es/Sede/portal/procedimientos/formProgramaVacaciones.seam

    Nos Departamentos de Servizos Sociais do Concello.

 

REQUISITOS PARA PARTICIPAR:

As persoas residentes en España que reúnan algún dos seguintes requisitos:

    Ser pensionista de xubilación do Sistema de Seguridade Social.
    Ser pensionista de viuvez con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social.
    Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade.
    Ser asegurado ou beneficiario do Sistema de Seguridade Social, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.

MODALIDADES DE VIAXE:

    Zona Costa Peninsular: estancias en zonas da Costa Peninsular de 15, 10 e 8 días en Andalucía, Murcia, Comunidade Valenciana e Cataluña.
    Zona Costa Insular: estancias de 15,10 e 8 días en zonas da Costa Insular (Canarias e Illas Baleares).
    Turismo de Interior, con estancias desde 7 ata 3 días, cos seguintes tipos de viaxes:
        Circuítos Culturais.
        Turismo de Natureza.
        Viaxes a Capitais de Provincia.
        Viaxes ás Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.

Máis información nos Departamentos de Servizos Sociais do Concello ou no seguinte enlace: http://imserso.es/imserso_01/envejecimiento_activo/vacaciones/index.htm

 

app movil

O Concello de Cercedo - Cotobade comunica que a partir de agora enviará a información (avisos, notificacións, oferta cultural, etc.) a través desta aplicación no móvil - TokApp.

 

subscripcion

Pasos a seguir para descargala:

1. Entra na tenda App Store, Google Play ou Windows Phone Store do teu teléfono. Busca a aplicación de TokApp (cor azul) e descárgaa.

NOTA: O s usuarios que xa teñan a aplicación TokApp School descargada, non fai falla que descarguen de novo esta aplicación. Poden funcionar coa dos colexios. O único paso que teñen que facer é o paso 5 de subscrición ás novas do Concello na páxina web.

2. Abre a aplicación, selecciona o teu país e valida o teléfono. Recibirás un sms cun código que debes introducir na aplicación.

3. Escribe o nome de usuario e contrasinal que queiras utilizar.

4. Chegará unha mensaxe cunha enlace que debes premar para validar a túa subscrición.

5. Remata facendo a túa subscrición no seguinte enlace:  https://www.tokappschool.com/suscripcion/928200/gl

 

Para calquera dúbida ou consulta, podes contactar con Soporte Técnico de TokApp School no 917 372 901.

 

 

REVISION GRATUITA PARABRISAS

O Concello de Cerdedo-Cotobade en colaboración coa empresa "SANMARTIN GESTION" organiza unha campaña de seguridade para autos en colaboración coa firma glassdrive para:

 

REVISIÓN DE PARABRISAS E APLICACIÓN DUNHA IMPRIMACIÓN ANTICHOIVA QUE CONTRIBÚE A MELLORAR A VISIBILIDADE DURANTE ALOMENOS 20.000 KM

 

 

MARTES 18 DE ABRIL, na Praza do Concello de Cerdedo.

09:00  -  13:30h    E     15:30  - 20:00 h

AXUDAS  A FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS.   

 

O Concello de Cerdedo-Cotobade informa que a Consellería de Traballo e Benestar abriu o prazo para a presentación de solicitudes de AXUDAS  A FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS.         


REQUISITOS DE ACCESO:

1.- Residir na Comunidade Autónoma galega.
2.- Que os fillos/as teñan menos de tres anos, é decir nacidos entre o 02.01.2014 e o 01.01.2017 incluidos.
3.- Que na data da solicitude os/as nenos/as convivan coa persoa solicitante.
4.- Que ningún dos membros da unidade familiar estiveran obrigados a presenta-la declaración da renda, nin a tiñan presentado de xeito voluntario.        
O prazo para a presentación das solicitudes remata o 16 de maio do 2017. 

As solicitudes poden presentarse no departamento de servizos sociais do Concello  ou no rexistro das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.

DOCUMENTACION:

1.- Solicitude e anexos según modelo oficial
2.- Fotocopia do libro de familia.
3.- Certificado de empadronamento do conxunto da unidade familiar.
4.- Copia da sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.
5.- Nos supostos de adopción ou acollemento, copia da resolución judicial ou administrativa que a declare.
 
SOLICITUDE descarga doc

 PLAN CULTURAL DO CONCELLO DE CERDEDO-COTOBADE 2017

 

Aberto o prazo de inscrición para o Plan Cultural Municipal

Aberto inclusión de grupos dende o 08 de marzo ata o 07 de abril de 2017

Conovocatoria descarga doc

 

Documentación dispoñible:

Comprobante de actuación-grupos descarga doc
Solicitude de inclusión no Plan Cultural-grupos descarga doc
Solicitude de actuación no Plan Cultural para Comisións de Festas descarga doc

 

 

 

Quen composta,paga menos

 

Chega a recompensa por compostar na casa os restos de comida.

 

O Concello de Cerdedo-Cotobade, a través da Oficina municipal de Medio, xa comezou os trámites co ORAL para recompensar aos participantes no proxecto piloto de compostaxe posta en marcha no antigo termo municipal de Cerdedo.


Co obxectivo de incentivar a separación en orixe de residuos, o Concello considerou premiar aos veciños que se esforzan por reciclar e colaborar coa redución de residuos desde as súas casas a través da bonificación da taxa de lixo.
Así, tal como está regulado na ordenanza fiscal vixente no antigo Concello de Cerdedo, establécese unha bonificación de 10 euros no importe do recibo para aqueles veciños que participen no proxecto de compostaxe establecida no concello e sempre que cumpran os requisitos e obrigacións do mesmo.

Dentro dos requisitos para poder optar á bonificación era asistir á sesión formativa organizada polo Concello e facilitar as tarefas de seguimento a través das visitas casa por casa para revisar o uso do compostero e resolver dúbidas para mellorar o proceso.
Tras o seguimento realizado ao longo do ano 2016, a Oficina Municipal de Medio enviou ao ORAL a lista de usuarios de Cerdedo que cumpriron con estes requisitos para que proceda á redución de 10 euros do recibo de lixo correspondente ao ano 2016.


Esta fiscalidade positiva enmárcase no obxectivo de « facer máis xusta a xestión de residuos e tender ao criterio de quen contamina paga». Así, o Concello quere recoñecer o esforzo e colaboración dos veciños.

Comunícase a todos os provedores os códigos DIR3 de FACE da nova entidade Concello de Cerdedo-Cotobade, activos dende o 15.02.2017.
 
Descarga aqui, descarga doc