PROGRAMA TURISMO SOCIAL DO IMSERSO

O Imserso desenvolve o seu Programa de Turismo como un servizo complementario das prestacións do Sistema da Seguridade Social española, co obxectivo de proporcionar ás persoas maiores estancias en zonas de costa e turismo de interior, contribuíndo con iso a mellorar a súa calidade de vida, a súa saúde e a prevención da dependencia.

Prazo de presentación de solicitudes é ata o día 7 de Xuño.

As solicitudes poderán presentarse nas seguintes direccións:

    Por Internet e só para a presentación de novas solicitudes, a través da Sede electrónica do Imserso, cumprimentando a solicitude e seguindo as instrucións que se indican.

https://sede.imserso.gob.es/Sede/portal/procedimientos/formProgramaVacaciones.seam

    Nos Departamentos de Servizos Sociais do Concello.

 

REQUISITOS PARA PARTICIPAR:

As persoas residentes en España que reúnan algún dos seguintes requisitos:

    Ser pensionista de xubilación do Sistema de Seguridade Social.
    Ser pensionista de viuvez con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social.
    Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade.
    Ser asegurado ou beneficiario do Sistema de Seguridade Social, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.

MODALIDADES DE VIAXE:

    Zona Costa Peninsular: estancias en zonas da Costa Peninsular de 15, 10 e 8 días en Andalucía, Murcia, Comunidade Valenciana e Cataluña.
    Zona Costa Insular: estancias de 15,10 e 8 días en zonas da Costa Insular (Canarias e Illas Baleares).
    Turismo de Interior, con estancias desde 7 ata 3 días, cos seguintes tipos de viaxes:
        Circuítos Culturais.
        Turismo de Natureza.
        Viaxes a Capitais de Provincia.
        Viaxes ás Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.

Máis información nos Departamentos de Servizos Sociais do Concello ou no seguinte enlace: http://imserso.es/imserso_01/envejecimiento_activo/vacaciones/index.htm

 

Comparte