APLICACIÓN NO TELÉFONO PARA RECIBIR AS NOVAS DO CONCELLO

app movil

O Concello de Cercedo - Cotobade comunica que a partir de agora enviará a información (avisos, notificacións, oferta cultural, etc.) a través desta aplicación no móvil - TokApp.

 

subscripcion

Pasos a seguir para descargala:

1. Entra na tenda App Store, Google Play ou Windows Phone Store do teu teléfono. Busca a aplicación de TokApp (cor azul) e descárgaa.

NOTA: O s usuarios que xa teñan a aplicación TokApp School descargada, non fai falla que descarguen de novo esta aplicación. Poden funcionar coa dos colexios. O único paso que teñen que facer é o paso 5 de subscrición ás novas do Concello na páxina web.

2. Abre a aplicación, selecciona o teu país e valida o teléfono. Recibirás un sms cun código que debes introducir na aplicación.

3. Escribe o nome de usuario e contrasinal que queiras utilizar.

4. Chegará unha mensaxe cunha enlace que debes premar para validar a túa subscrición.

5. Remata facendo a túa subscrición no seguinte enlace:  https://www.tokappschool.com/suscripcion/928200/gl

 

Para calquera dúbida ou consulta, podes contactar con Soporte Técnico de TokApp School no 917 372 901.

 

 

Comparte