AXUDAS A FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS

AXUDAS  A FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS.   

 

O Concello de Cerdedo-Cotobade informa que a Consellería de Traballo e Benestar abriu o prazo para a presentación de solicitudes de AXUDAS  A FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS.         


REQUISITOS DE ACCESO:

1.- Residir na Comunidade Autónoma galega.
2.- Que os fillos/as teñan menos de tres anos, é decir nacidos entre o 02.01.2014 e o 01.01.2017 incluidos.
3.- Que na data da solicitude os/as nenos/as convivan coa persoa solicitante.
4.- Que ningún dos membros da unidade familiar estiveran obrigados a presenta-la declaración da renda, nin a tiñan presentado de xeito voluntario.        
O prazo para a presentación das solicitudes remata o 16 de maio do 2017. 

As solicitudes poden presentarse no departamento de servizos sociais do Concello  ou no rexistro das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.

DOCUMENTACION:

1.- Solicitude e anexos según modelo oficial
2.- Fotocopia do libro de familia.
3.- Certificado de empadronamento do conxunto da unidade familiar.
4.- Copia da sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.
5.- Nos supostos de adopción ou acollemento, copia da resolución judicial ou administrativa que a declare.
 
SOLICITUDE descarga doc

Comparte