Quen composta,paga menos

 

Chega a recompensa por compostar na casa os restos de comida.

 

O Concello de Cerdedo-Cotobade, a través da Oficina municipal de Medio, xa comezou os trámites co ORAL para recompensar aos participantes no proxecto piloto de compostaxe posta en marcha no antigo termo municipal de Cerdedo.


Co obxectivo de incentivar a separación en orixe de residuos, o Concello considerou premiar aos veciños que se esforzan por reciclar e colaborar coa redución de residuos desde as súas casas a través da bonificación da taxa de lixo.
Así, tal como está regulado na ordenanza fiscal vixente no antigo Concello de Cerdedo, establécese unha bonificación de 10 euros no importe do recibo para aqueles veciños que participen no proxecto de compostaxe establecida no concello e sempre que cumpran os requisitos e obrigacións do mesmo.

Dentro dos requisitos para poder optar á bonificación era asistir á sesión formativa organizada polo Concello e facilitar as tarefas de seguimento a través das visitas casa por casa para revisar o uso do compostero e resolver dúbidas para mellorar o proceso.
Tras o seguimento realizado ao longo do ano 2016, a Oficina Municipal de Medio enviou ao ORAL a lista de usuarios de Cerdedo que cumpriron con estes requisitos para que proceda á redución de 10 euros do recibo de lixo correspondente ao ano 2016.


Esta fiscalidade positiva enmárcase no obxectivo de « facer máis xusta a xestión de residuos e tender ao criterio de quen contamina paga». Así, o Concello quere recoñecer o esforzo e colaboración dos veciños.

Comparte